“Sobredose”. Xulio Xiz

14 Agosto 2024

Hai vinteoito séculos que nas olimpiadas rexía un pacto temporal de paz (ekecheiria), e días antes e despois, máis os do singular acontecemento deportivo, non se podía loitar nos ambitos daquel mundo civilizado do que tanto temos que seguir aprendendo. O Comité Olímpico en 1992 e a Onu en 1993 pediron aos Estados membros o respecto desta paz olímpica.

O exemplo máis ostensible de que o espíritu olímpico non chega moi lonxe está en Israel co ataque da mañá do sábado, dia sacro naquelas latitudes, onde o sangue, os berros e as bágoas resoaron máis alto, máis lonxe e máis forte ca nunca.

Sendo crente do “mens sana in corpore sano”, coido que coas Olimpiadas os organismos e medios públicos estiveron facilitando mensaxes que teñen que ver máis co “panen e circenses”, que coa exaltación do esforzo, o traballo e o cultivo do corpo para mellor abrir os ollos ao que nos rodea.

Hai un nacional nacionalismo de pandeireta que aflora en base a xestos rubialescos que basean os triunfos en órganos impropios; que fai envolverse na bandeira aos que a bandeira nada lles di, con motivos que non teñen que ver co rectángulo bermello e amarelo que a outros efectos lles estorba; que cando falan da Selección falan de “la Roja” con disociación intencionada dunha bicor que lles resulta molesta.

Coas Olimpiadas pasoume coma coas bafaradas deste verán que, cando acaba a calor e chove un pouco, tonifican corpo e espíritu. Agora que acabou o aluvión deportivo-nacional, e os medios oficiais non teñen máis remedio ca mirar pola casa, podemos respirar aliviados pensando en volver á vida normal, dentro do que cabe.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.