Silvia Agrafojo clausura a formación estival en inglés de Lousame, na que participaron 30 nenos e nenas

09 Agosto 2024

A concelleira de Xuventude e Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, clausurou na mañá deste venres 9 de agosto o programa Leisure activities in english, unha iniciativa gratuíta do Concello de Lousame que inclúe unha gran variedade de actividades educativas e de ocio impartidas en inglés por Letizia Saccani e Fatma Erdemoglu, voluntarias do Corpo Europeo de Solidariedade. Unha iniciativa que contou con 30 nenos e nenas, de entre os 5 e os 10 anos de idade, e que se impartiu no local social do Sanguiñal (Tállara), en horario de 10:30 a 13:30 horas.

O programa incluíu diversas actividades como pintura, karaoke, música, xogos, cine, teatro, conversas… todo en lingua inglesa para que os nenos e nenas sigan practicando o inglés durante o verán. Ao rematar a actividade, Silvia Agrafojo entregoulles aos pequenos unha serie de agasallos: dous contos (Camiño de Santiago e Camiño das Estrelas), unha gorra e un termo de auga.

Así mesmo, indicou a gran acollida deste programa entre as familias. “Inicialmente convocamos 25 prazas pero a demanda era maior e finalmente acollemos as 31 solicitudes”, explica Silvia Agrafojo, quen apunta que “vista a boa acollida que tivo o programa entre as familias de Lousame, miraremos de facer unha nova edición e da posibilidade de alongar os días do curso”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.