Santiago Freire, alcalde de Noia, elexido presidente da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia

01 Agosto 2024

A Asociación de Concellos do Camiño da Ría Muros Noia celebrou este primeiro de agosto unha asemblea xeral extraordinaria na Casa Consistorial noiesa para elixir unha nova xunta directiva. Un procedemento ao que se presentou unha candidatura única e de consenso por parte dos nove concellos integrados na asociación e dos distintos partidos políticos representados (PP, PSOE, BNG e Compromiso por Outes).

Unha candidatura encabezada polo alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, quen será o presidente da Asociación, sucedendo así a Teresa Villaverde Pais, quen presentara a súa renuncia na asemblea xeral celebrada o pasado 15 de xullo ao rematar o mandato da súa xunta directiva o próximo 3 de agosto. Freire Abeijón estará acompañado por:

-Guarina Rey Vázquez, concelleira de Turismo de Brión, como vicepresidenta

-María Lago Lestón, alcaldesa de Muros, como secretaria

-Manuel González López, alcalde de Outes, como tesoureiro

-Esteban Ares García, primeiro tenente de alcalde de Lousame, como vogal

Próximos desafíos

A asemblea da Asociación contou coa participación dos alcaldes: Blas García (Ames), María Lago (Muros), Santiago Freire (Noia) e Luís Oujo (Porto do Son), así como co tenente de alcaldesa de Lousame, Esteban Ares; e coas concelleiras de Turismo Guarina Rey (Brión), Soledad Agra (Outes) e Mercedes Basanta (Rois). Todos eles coincidiron en recoñecer o traballo realizado pola presidenta saínte, baixo cuxo mandato púxose en marcha a Asociación, definiuse a historicidade do Camiño, logrouse o seu recoñecemento pola Igrexa e iniciáronse os traballos de restauración e sinalización do mesmo, entre outras iniciativas. Así mesmo, agardan que a entrada desta nova xunta directiva supoña un novo impulso ao Camiño de Santiago da Ría de Muros Noia que permita conseguir a tan agardada oficialización como ruta xacobea por parte da Xunta de Galicia.

Tras a toma de posesión dos seus cargos da nova xunta directiva, a asemblea repasou as próximas accións a desenvolver: continuar coa restauración ambiental e paisaxística de distintos tramos do Camiño de Santiago da Ría de Muros Noia nos cinco concellos da Ría da Estrela; seguir cos traballos de sinalización e balizamento do Camiño nos nove municipios, tarefa que se agarda rematar este mesmo ano; e manter as accións promocionais que se están a desenvolver ata o de agora.

Outros artigos

En Aguiño centos de personas fixeron a andaina solidaria contra o cancro

Centos de persoas marcharon en Aguiño en beneficio da AECC e renden homenaxe a Josefa Abraldes. AECC Un total de 600 persoas uníronse á segunda edición da andaina solidaria “Aguiño contra ou Cancro”, organizada pola xunta local de Ribeira da Asociación Española Contra...

+

Pesar polo pasamento do xornalista Xavier Navaza Blanco

“Un calificado e sagaz xornalista, finísimo e agudo articulista político, requintado investigador e posuidor dunha sólida base cultural” son os calificativos que a Asociación da Prensa de Santiago (APSC/FAPE), da que foi Presidente nos anos 1980-83, destacou tralo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nos deben una explicación”. José Castro López

“Nos deben una explicación”. José Castro López

En el film de Berlanga “Bienvenido Míster Marshall”, Don Pablo, el alcalde de Villardel Rio -magistral Pepe Isbert-, después del paso de la “caravana de la abundancia” sinparar en el pueblo, se dirigió a sus vecinos para decirles “que yo, como alcalde vuestroque soy...

“Residencias universitarias” – José Manuel Pena

“Residencias universitarias” – José Manuel Pena

Comeza un novo curso escolar, nos diferentes campus universitarios. En Galicia, este ano, as matrículas universitarias serán gratuítas. Tamén xa o eran para os estudantes que obtiñan unha bolsa de estudos, principalmente procedentes de familias humildes, de acordo cos...