O Concello de Rianxo sacou a licitación a renovación un treito de aproximadamente 1 quilómetro da estrada que dá acceso aos núcleos de Cerqueiras, Vilar e Campelo, dándolle continuidade así á actuación executada a finais do ano pasado. A actuación, que conta cun orzamento total de 56.965,55€, consistirá fundamentalmente na limpeza e posterior pavimentación do treito cunha capa de mistura bituminosa en quente, así como o repintado das marcas viarias.
Tal e como destacou o alcalde, Julián Bustelo, “a actuación permitirá renovar o firme do tramo da vía que se atopa en peor estado” e recordou que esta pista non só é empregada polos veciños dos núcleos citados senón que tamén “dá acceso a un dos nosos principais recursos turísticos, como é o miradoiro da Muralla”.




