Ribeira reforza a limpeza do mobiliario e das zonas máis concorridas

02 Agosto 2024

O rexedor ribeirense, Luís Pérez, e a concelleira de Servizos Municipais, Tania Redondo, comunican á veciñanza e visitantes que se está reforzando as tarefas de limpeza do mobiliario e das zonas máis concorridas.

Pérez Barral manifestou que “dende o Concello de Ribeira intensificouse a limpeza do mobiliario urbano e das zonas públicas durante os festexos, este traballo realízase para evitar a suciedade e tamén como unha das medidas para manter máis limpo o espazo público do noso concello”. Sinalou tamén que despois das festas levaranse a cabo traballos análogos noutros barrios e noutras parroquias. “Dende o Concello é unha cuestión que se leva traballando coa empresa concesionaria do servizo de limpeza Urbaser”.

A concelleira Redondo engadiu que “os feirantes tamén van a asumir as tarefas de limpeza no seu espazo, xa que dende o concello se lle pediu que contribuísen á mesma para entre todos/as ter unhas festas máis limpas”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...