Ribeira honrou á Virxe do Carme, Patroa do Mar. Video

04 Agosto 2024

Esta fin de semana a nova Lonxa de Ribeira acolleu a tradicional Misa en honra á Virxe do Carme Patroa dos mariñeiros e da Armada. Nunha emotiva Eucaristía presidida polo arcebispo de Santiago Monseñor, Francisco José Prieto, e acompañado de varios sacerdotes da parroquia e da diocese, lembrouse aos falecidos no mar, con mencións especiais ao Argos Georgia e os homes e mulleres xubliados.

Nunha Eucaristía á que acudiron o conselleiro de Mar, Alfonso Villares, o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, o senador Manuel Ruiz e membros da corporación, e centos de veciños, instaurouse por primeira vez unha ofrenda que nesta primeira ocasión fixo o xornalista, Antón Luaces, quen durante anos realizou o programa radiofónico “Españois en la mar”, e que empezara a sua traxectoria como locutor na histórica Radio Riveira, primeira emjsora parroquial de Galicia e quen enxalzou o labor das mulleres na mar. O ofente foi respostado polo Arcebispo de Santiago.

O xornalista Antón Luaces que fixo a primeira ofrenda á Virxe do Carme que foi respostada polo Arcebispo de Santiago
O ofrente o xornalista, Antón Luaces e señora saúdan a Antonio Fernández, Tucho, director da Coral do Círculo Mercantil e Industrial de Ribeira que actuou durante a Misa

Unha das novidades foi que se homenaxeou a mariñeiros xubilados, que recibiron unha insignia. Entre eles, o sogro do capitán do Argos Georgia,

O alcalde de Ribeira Luís Pérez acompñado polo senador Manuel Ruíz, membros da Corporación e o ex-alcalde José Luiís Torres Colomer, asi como representacións do< exército do aire e a policia Local

Posteriormente realizouse a tradicional procesión marítima e o acto relixoso rematou coa procesión polas rúaas ribeirenses ata a Igrexa Parroquial.

Intervención do oferente, Antón Luaces e resposta do Arcebispo Monseñor Francisco José Prieto. Video O Barbanza

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.