Rianxo inviste 8.000 euros en material para persoas dependentes

14 Agosto 2024

O Concello de Rianxo anunciou un investimento de 8.000 euros para a adquisición do material requirido na posta en marcha dun servizo gratuíto de préstamo de axudas técnicas para persoas dependentes. Nestes primeiros meses do servizo, o catálogo de axudas técnicas estará composto por catro camas con carro elevador, tres guindastres eléctricos e 4 asentos xiratorios de baño.

O obxectivo é que as familias rianxeiras con persoas dependentes usuarias do SAF (Servizo de Axuda no Fogar) poidan acceder de forma gratuíta a este tipo de elementos que melloran o día a día das persoas doentes, así como o das persoas coidadoras, explicaron fontes do Concello de Rianxo.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...