“Quen elixe o poder xudicial?” – José Manuel Pena

14 Agosto 2024

A Constitución española dinos que vivimos nun país democrático, con separación de poderes acorde a un estado de dereito. A realidade, en moitas ocasións, demóstranos todo o contrario. Quen elixe o poder xudicial? Os propios xuíces. Imaxinámonos que, nas eleccións democráticas, só puidesen votar os simpatizantes ou afiliados ao PP ou ao PSOE? Quen gañarían? Os mesmos. Os de sempre terían o poder. Algo similar está a suceder con algúns órganos xudiciais, sempre os mesmos teñen o poder de xulgar.

En España, como nalgúns outros países, hai certos xuíces que fan gala das súas ideas ou simpatías políticas para ditar sentenzas, autos ou resolucións xudiciais. Actúan así sen ruborizarse, créndose os salvadores da patria e ademais non lles gusta que os critiquen. Eles si poden queixarse ou denunciar persecución política, contra todo o que se mova ou lles leve a contraria.

Todos coñecemos que cando se xulgan casos similares, as resolucións xudiciais dependen do xulgado ou do maxistrado que estea á fronte. Mentres, nuns casos as sentenzas son favorables, noutros son contrarias ás pretensións do demandante. Diferentes argumentos, distintas interpretacións, a pesar de que a Lei é a mesma.

Cando un funcionario público, sexa xuíz, membro das forzas de seguridade do estado, sanitario ou militar, querer dedicarse á política tería que deixar o seu cargo e non enganar á cidadanía coas súas actuacións sectarias.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.