Padrón e Rois celebran o Día da Bicicleta

15 Agosto 2024

Os concellos de Padrón e Rois festexan o Día da Bicicleta. Unha celebración que cae o día 24 de agosto.

A idea é crear unha festa do deporte recorrendo 15,5 km. polo paseo do Espolón de Padrón. Cun avituallamento intermedio na praia fluvial de seira, Rois.

A saída está programada para as 11:00 horas e todos os participantes recibirán agasallos. Ademais, ao finalizar o percorrido, sortearase unha bicicleta entre todos os asistentes, o que promete engadir un toque de emoción extra ao evento. Todas as persoas son benvidas, sen límites de idade nin experiencia previa, iso si, os menores de 11 anos deberán ir acompañados dun adulto. E non fai falla recordar que o casco é obrigatorio para todos os participantes.

As inscricións realizaranse o mesmo día 24, entre as 9:45 e as 10:45 horas no punto de encontro do paseo do Espolón.

Esta xornada deportiva non só promove un estilo de vida saudable, senón que tamén serve para honrar o legado dos ciclistas que, co seu esforzo e dedicación, puxeron o nome de Padrón e de Rois no mapa do ciclismo nacional. Unha celebración na que homenaxearán a tres grandes iconas do ciclismo comarcal: Blanco Villar, José Manuel Oliveira e José Ángel Vidal.

Este evento forma parte das actividades previas á undécima etapa da Vuelta Ciclista a España, que terá como punto de saída e chegada o Campus Tecnolóxico Cortizo o día 28 de agosto, un feito que subliña unha vez máis a tradición ciclista da comarca do Sar.

Para máis información sobre o evento, as persoas interesadas poden contactar co Centro Social de Padrón no teléfono 981 811 329 ou co Edificio Multiusos de Rois no teléfono 981 816 061.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.