Os tesouros gastronómicos do mar de Ribeira volverán lucir calidade e variedade na feira Gastromar (a partir do 23 de agosto)

18 Agosto 2024

A nova edición da feira Gastromar, o salón de produtos pesqueiros de Ribeira, presentouse nos seus detalles este 13 de agosto no local da Asociación de Empresarios, organizadora do evento coa colaboración co Concello e de importantes entidades profesionais e empresariais do sector do mar. Na sesión confirmaron información xa coñecida, como por exemplo que a 3ª edición de Gastromar celebrarase os días 23, 24 e 25 de agosto, na praza de España, en horario de 13.00 a 16.00 horas e de 20.00 a 23.00 horas. Ademais, no capítulo de grandes novidades fíxose saber que este ano participaron media ducia de foodtrucks achegando ao público asistente elaboracións diversas de peixes, mariscos e bebidas.

Dende estes postos gastronómicos reivindicarase novamente a gran calidade (e variedade) dos produtos pesqueiros e marisqueiros de Ribeira e da súa contorna. En concreto, exaltaranse peixes, mariscos e elaboracións como a sardiña, o lirio, o xurelo, a empanada (de congro, sardiña e chopo), as navallas, as ameixas, os camaróns, o polbo e os mexillóns en varias elaboracións.

Ademais do capítulo de degustacións, o programa de actividades inclúe obradoiros e demostracións (showcookings) para adultos con peixes e mariscos de Ribeira, e, como novidade, organizarase un taller de divulgación para a rapazada baixo o epígrafe Ciencia Divertida e relacionado cos produtos do mar.

Na presentación, Francisco Martínez Gude, presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, agradeceu en nome da entidade o financiamento e o patrocinio achegado pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Ribeira. Tamén animou a “todos os veciños e visitantes que visiten a feira para coñecer de primeira man a gran riqueza dos nosos produtos do mar”.

Na rolda cos medios participaron Francisco Martínez, presidente da AER; Luís Pérez Barral, alcalde de Ribeira; Vicente Mariño, tenente de alcalde; Veva Betanzos, concelleira de Comercio; Fernando Abraldes, concelleiro de Mar; Jose Antonio Pérez, patrón maior da Confraría San Pedro de Ribeira; Jose Antonio Santamaría, patrón maior da Confraría de Aguiño; Pablo Pérez, membro do Consello da Cooperativa do Mar; e Ángel Martínez, xerente do bar A Caseira.

A Feira Gastromar está impulsada dende a Asociación de Empresarios de Ribeira en colaboración coas Confrarías de Aguiño e Ribeira, cos produtores de mexillón (OPMEGA), co Concello de Ribeira e, tamén coa Cooperativa de Armadores de Ribeira. O obxectivo será novamente “poñer en valor e dar a coñecer os peixes e mariscos da nosa ría”, sinalaron, ao tempo que destacaban a necesidade de reivindicar os produtos que, polas razóns que sexan, non adquiren as meirandes cotización e demanda no mercado.

Outros artigos

En Aguiño centos de personas fixeron a andaina solidaria contra o cancro

Centos de persoas marcharon en Aguiño en beneficio da AECC e renden homenaxe a Josefa Abraldes. AECC Un total de 600 persoas uníronse á segunda edición da andaina solidaria “Aguiño contra ou Cancro”, organizada pola xunta local de Ribeira da Asociación Española Contra...

+

Pesar polo pasamento do xornalista Xavier Navaza Blanco

“Un calificado e sagaz xornalista, finísimo e agudo articulista político, requintado investigador e posuidor dunha sólida base cultural” son os calificativos que a Asociación da Prensa de Santiago (APSC/FAPE), da que foi Presidente nos anos 1980-83, destacou tralo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nos deben una explicación”. José Castro López

“Nos deben una explicación”. José Castro López

En el film de Berlanga “Bienvenido Míster Marshall”, Don Pablo, el alcalde de Villardel Rio -magistral Pepe Isbert-, después del paso de la “caravana de la abundancia” sinparar en el pueblo, se dirigió a sus vecinos para decirles “que yo, como alcalde vuestroque soy...

“Residencias universitarias” – José Manuel Pena

“Residencias universitarias” – José Manuel Pena

Comeza un novo curso escolar, nos diferentes campus universitarios. En Galicia, este ano, as matrículas universitarias serán gratuítas. Tamén xa o eran para os estudantes que obtiñan unha bolsa de estudos, principalmente procedentes de familias humildes, de acordo cos...