O ribeirense Fran Sieira e súa compañía de danza contemporánea presentarán “Ceibe”no Novo Auditorio

23 Agosto 2024

O novo Auditorio de Ribeira retoma a súa programación viaxando ao mundo da danza
contemporánea da man do ribeirense Fran Sieira e o seu novo espectáculo “Ceibe”.
A representación será de balde e terá lugar o vindeiro venres 30 de agosto ás 22.00 h.
Á presentación acudiu a concelleira de Cultura, Antía Alberte e Fran Sieira. Director da
compañía homónima.
A concelleira referiuse “á guinda do pastel” da programación do verán de “Lecer na
Ribeira”, Antía animou á veciñanza a asistir a esta posta en escena de primeiro orde e
tamén recordou que as entradas de balde poderanse recoller media hora antes do
espectáculo no Auditorio novo. A concelleira de cultura puxo en valor o ser un artista
de Ribeira “que a veces por ser da casa ten menos valía, pero a realidade é que en
Ribeira temos auténticos artistas, persoas talentosas” afirmou. Tamén quixo dar unha
mención especial a “Aida Tarrio” que estará participando coma bailarina da compañía
de Fran.
Fran Sieira Compañía de Danza fundamenta o seu traballo nunha revisión do folclore
galego dende un marco contemporáneo. A compañía estuda o movemento a través do
baile tradicional galego e utilízao como o seu principal mecanismo de expresión,
creando unha linguaxe do movemento de vangarda como reflexo da nosa tradición.
Sieira explicou o seu novo espectáculo “Ceibe” que é unha peza de 60 minutos de
duración, a súa compañía está marcada pola incorporación de temas sociais, nesta
ocasión falarase do xénero no que fixeron un proceso de investigación durante 15 días
de xaneiro deste ano en Ribeira; foi un proceso de investigación onde se identificaron
cantos de eses movementos de xénero estaban estereotipados, “e con eses
estereotipos tradicionais traballamos para desligalos e facelos máis amables paro o
corpo; diso fala “Ceibe” desa crítica social e tamén ven sendo unha homenaxe ás
foliadas de hoxe en día onde os roles de xénero están están moito máis diluídos e onde
a xente encontra un refuxio onde expresarse con liberdade” afirmou Fran.

“Gústame moito que a xente saia do espectáculo falando e debatendo de temas sociais
neste caso sobre o xénero que coido que é moi importante e interesante para a
sociedade de hoxe en día” finalizou

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...