“O púlpito que nos leva”. Antón Luaces

11 Agosto 2024

Cando os sacerdotes deixaron de se subir ao púlpito para espallar as súas proclamas relixiosas e, en ocasións, socio-políticas que para nada resultaban do agrado do franquismo imperante, e a misa comezou a se celebrar en Galicia de primeiras en castelán e, opcionalmente en galego no canto do latín, os católicos -practicantes ou non- comezaron a entender que algo mudaba para ben na relación pastoral.

Medio século máis tarde, aqueles púlpitos abandonados foron “okupados” de lonxe por persoas, entidades e sociedades que volven hoxd en día ás proclamas abandonadas nas que xa non é Deus ou Xesús Cristo a primeira referencia que activa o ser ou non ser do receptor da mensaxe. Non, agora impera a proclama política, nomeadamente de partidos significativamente escorados cara aquel franquismo que a democracia “ocultou” facendo que a maior parte da cidadanía española chegara a considerar que aquela frase de Franco Bahamonde (que fora “Caudillo de España pola G. de Dios”) segundo a que aquí todo estaba “atado e ben atado” ía servir para que os que nela (España) viviamos seguiriamos facéndoo en paz e liberdade e sen termos en conta que o franquismo durmía baixo sete mantas e dous edredóns (un de verán e outro de inverno) que agardaban o momento preciso de deixar o agocho para amosar as primeiras consecuencias dos anos de disimulo.

O mesmo pasou en Francia, e na actualidade en Inglaterra e Alemaña. Todos estes, países de emigración onde, ata vai pouco tempo, o rexeite do migrante ou non existìa ou non se manifestaba porque a sociedade non percibía males maiores. Menos aínda en España, onde na práctica non existe familia algunha que non teña entre os seus membros algún emigrante.

Pero é aquí precisamente, no noso país, onde dende fai algúns anos, se evidencia unha postura de rexeitamento de todo aquelo que, malia ser vínculo propio, recibía un trato que semellaba impensable: racismo, rexeite de estranxeiros (xenofobia) emigrantes. De xeito especial, os procedentes de África, aos que ese franquismo soterrado culpabiliza de todo canto de malo hai ou pode haber na España que “a eles” lles preocupa. 

Hai racismo en España?. 

Esta pregunta xa se facía en moitos lugares nos anos 60, referíndose aos xitanos. Pero o franquismo nunca aceptou tal cuestión malia a evidencia da existencia de “guetos”: nunca a convivencia entre “paios” e “xitanos” foi unha realidade, por máis que tampouco as autoridades de toda caste admitiron na España de Franco que os xitanos eran discriminados. E sí que o eran, do mesmo xeito que estratos da sociedade española, empurrados por determinadas formacións políticas -algunhas delas con poucos anos de vida e con representación actual en concellos, deputacións, comunidades autónomas e no Parlamento  nacional- que teñen acceso a medios de comunicación que os apoian, mobilizan este sentimento de rexeite mesmo en emigrantes españois noutras comunidades autónomas que non admiten de bo grao ter  que compartir con “sudacas”, rumanos, mouros, negros, etc., traballo e convivencia en vivendas sociais ou edificios con pisos de aluguer.

Neste caldo de cultivo removen os mencionados partidos políticos aqueles sentimentos para min ocultos no franquismo. Na actualidade marcados directamente por acusacións non sempre, nen moito menos, demostradas. E a dereitización evidente das políticas en distintos países da nosa contorna non necesariamente poden xustificar semellantes actuacións contrarias a unha convivencia máis que necesaria.

As mantas e os edredóns de antano no poden seguir a tapar un franquismo solapado supostamente finiquitado en 1978.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...