O Pp de Ribeira apoiará a Dorna e a Patrona como festivos locais

21 Agosto 2024

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Ribeira amosou este mediodía a que será a súa postura con respecto á proposta que fai o goberno local “que vemos que non é a proposta dun goberno senón a proposta do alcalde” e que se verá reflexada na sesión plenaria do xoves a través dunha emenda presentada pola súa voceira.

Dende o grupo da oposición móstranse firmes coa postura que veñen defendendo durante os últimos anos logo de reunirse os concelleiros na tarde de onte para tomar unha decisión unánime. “Non temos dúbidas sobre o que imos a propoñer e será o mesmo que defendemos nos últimos anos. Poderemos cambiar de criterio o día que nolo marque o almanaque ou teñamos razóns de peso para facelo. Mentres tanto, sabemos que hai diferentes opinións no seno da sociedade ribeirense e son todas elas moi respectables e entendibles”.

Por tradición e sentimento social, este grupo sempre defendeu como día “intocable” o da Patroa. Do mesmo xeito dende que se acordara no pleno a designación do día da Dorna coma festivo local tamén se vén respectando ese acordo que leva consigo o respaldo dunha gran masa social e dunha festa que leva celebrándose en Ribeira durante 76 anos, ademais den ser considerada Festa de Interesa Turístico de Galicia.

A voceira municipal critica a actitude, unha vez máis, do alcalde que non só non negocia ningún tema coa oposición, e grupo maioritario da corporación, senón que tampouco é capaz de facelo cos membros do seu propio executivo. Así mesmo Sampedro di que “a notificación da Xunta da Galicia para presentar os festivos locais entrou no concello o día 16 de xullo e puido perfectamente debaterse no pleno ordinario de xullo, mais o pasotismo dos temas municipais mostra de novo as présas para aprobar os asuntos a todo correr sen previo diálogo para poder presentalos no tempo e na forma na que o require a administración competente”.

O Partido Popular de Ribeira defenderá os intereses de todos os axentes implicados na designación dos festivos locais. É así como amosan o seu compromiso a que as iniciativas lúdicas e sociais que beneficien ao comercio e á hostalería deben impulsarse dende o diálogo e a aposta por uns festexos alternativos e potentes nos que a administración local persiga o obxectivo de atraer e fortalecer o consumo local.


María Sampedro. Voceira do PP de Ribeira

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...