O Museo do Gravado e Barbantia convocan a IX edición da exposición colectiva BarbantiaRte

09 Agosto 2024

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira), en colaboración coa a Asociación Cultural Barbantia, convocou a IX edición da exposición colectiva BarbantiaRte, que está previsto que se celebre nas salas do Museo (Outeiro 52, Artes, Ribeira) a partir do vindeiro mes de setembro. “O noso obxectivo”, explican,”é que nesta motra apareza representada a arte que se fai no Barbanza nos nosos días e darlle a maior difusión aos artistas da nosa zona”.

Segundo se estipula nas bases, acéptase todo tipo de disciplina artística: pintura, escultura, fotografía, gravado, banda deseñada, performance, videocreación… Porén, aínda que non hai medida nin temática establecida, a organización solicita que só sexa unha obra por cada artista e que non sexa anterior ao ano 2022. Para poder participar, a obra física en cuestión deberá estar no museo como data limite o 30 de agosto.

Aqueles artistas que desexen formar parte da exposición deben confirmar, a través dun correo electrónico, o seu interese en participar, a través das contas fundartes@gmail.com ou pastor@barbantia.es.

Deberán incluír unha ficha cunha fotografía do traballo a exhibir, un breve texto para ou catálogo que se editará con motivo da mostra e os datos de carácter técnico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.