O día de San Xoán (24 de xuño) e o día do Carme (16 de xullo), festivos en Boiro en 2025. O pleno aprobou a suba da contribución

08 Agosto 2024

O Concello de Boiro celebrou na mañá deste xoves 8 de agosto un pleno extraordinario que contou cun total de 14 membros da corporación ao rexistrarse a ausencia de Dores Torrado, concelleira de Boiro Novo; Patricia Silva, concelleira do BNG; e Alba Ferreiro, concelleira do PP. A sesión, que como de costume pode verse íntegra na canle de YouTube do Concello de Boiro, saldouse (entre outros acordos) coa aprobación definitiva do Orzamento de 2024 ou coa aprobación das asignacións do plan provincial POS+ Adicional 2024 da Deputación da Coruña.

Boiro deixará de ter o coeficiente mínimo polo IBI urbano e pasará a aplicar o 0,5 %, mentres que no rústico o incremento será ao 0,45 %. A medida foi aprobada no pleno cos únicos votos favorables do executivo. O edil de Facenda, Luís Ruiz, xustificouno sinalando que as arcas locais están asfixiadas polos gastos que deben asumir en prestacións que dependen doutras Administracións, como o servizo de axuda no fogar.

No pleno tamén foron aprobados os festivos locais para o ano 2025, que se establecen o martes 24 de xuño, día de San Xoán; e o mércores 16 de xullo, día do Carme. Segundo explicou o Goberno local, se ben por tradición establécense os feriados locais o 16 de xullo, festividade do Carme, e o 31 de agosto, san Ramón de Bealo, constouse que neste último caso ía coincidir en domingo, polo que se acordou, ao igual que se fixo xa no 2024, cambiar ese día polo 24 de xuño, día de San Xoán, e manterse o 16 de xullo, festividade do Carme, como as dúas datas escollidas pola Administración local como festivos para o vindeiro exercicio.

Votacións da sesión plenaria

1. Aprobación definitiva do Orzamento do exercicio 2024 – aprobación con 9 votos a favor (PSOE), 4 votos en contra (PP) e 1 abstención (BNG).

2. Modificación da Ordenanza fiscal nº18 reguladora da taxa pola inmobilización, retirada e depósito de vehículos na vía pública – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 5 votos en contra (PP e BNG).

3. Aprobación do informe de seguimento do pacto das alcaldías polo clima e enerxía do Concello de Boiro – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 5 abstencións (PP e BNG).

4. Plan provincial de cooperación. POS+ adicional 2024 – aprobación con 13 votos a favor (PSOE e PP) e 1 abstención (BNG).

5. Modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto de bens inmóbeis – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 5 votos en contra (PP e BNG).

6. Designación festivos locais 2025 – aprobación con 14 votos a favor (PSOE, PP e BNG).

7. Prórroga convenio colaboración ATRIGA – aprobación con 9 votos a favor (PP) e 5 abstencións (PP e BNG).

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.