O Concello de Ribeira recibe ás nenas e nenos saharauís acollidas/os polas familias locais este verán

14 Agosto 2024

Este mércores 14 de agosto celebrouse no Concello de Ribeira un acto de recepción dos rapaces saharauís que están a pasar o verán no concello xunto coas familias locais que os acollen. No acto estiveron presentes o alcalde, Luís Pérez Barral, a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla e as edís Isabel Barreiro e Juana Brión. Foi, un acto sinxelo e informal no que os nenos recibiron uns agasallos expresando a súa alegría e complicidade coas familias de acollida.

Elena Lema, membro dunha familia de acollida, quixo animar a outras familias para acoller máis rapazada saharauí xa que estas rapazas e rapaces adáptanse perfectamente á nosa cultura e “suponlles ademais unha experiencia moi enriquecedora”.

Por outra banda María José Gude, quixo manifestar a necesidade de implicar máis xente para acoller aos nenos nun ano no que houbo moitos que non puideron vir, apelou á súa valentía e capacidade de adaptación.

Pola súa banda o alcalde, Luís Pérez Barral, falou do programa Vacacións en Paz posto en marcha pola entidade Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), “grazas ao cal os rapaces e rapazas poidan facer chequeos médicos, mellorar a súa alimentación e sobre todo saír dos meses do verán onde a temperatura no deserto pode superar os 50 graos”.

O rexedor manifestou todo o apoio do Concello de Ribeira a esta entidade galega, tamén a unanimidade dos grupos da Corporación Municipal para recibir a esta rapazada e mostrarlle toda a solidariedade.

“Falar do pobo saharauí e falar dun pobo loitador, valente e persistente; levan máis de cincuenta anos expulsados do seu país e polo tanto administracións e moitas persoas facemos esa reclamación xusta; que o pobo saharauí ten dereito a vivir no seu propio país e do seu propio traballo” engadiu. Pérez Barral desexoulles unha boa estadía e finalizou facendo un chamamento ás familias de Ribeira a seguir mostrando a súa solidariedade como xa están facendo para acoller a nenos e nenas saharauís.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.