O Concello de Muros impulsa un plan de mellora continua da rede de camiños e estradas das parroquias

01 Agosto 2024

O Concello de Muros puxo en marcha un plan de mellora continua da rede de camiños e estradas das parroquias. Neste marco, a Concellería de Obras levou a cabo varios traballos de renovación do pavimento en diferentes camiños nas últimas semanas, unhas tarefas que continuarán nos vindeiros meses.

Unha destas actuacións, cun orzamento de 40.000 euros, foi no camiño de acceso a Lestón de Abaixo, na parroquia de Abelleira, e no seu núcleo de poboación, e outra na Hedreira, na parroquia de Tal, cun investimento de 21.500 euros.

A Concelleira engade que tamén houbo obras na Pendente, en Esteiro, cun orzamento de 40.499 euros, e no Maio, tamén na parroquia de Esteiro, cun investimento de 21.890 euros.

“Son traballos necesarios, cos que damos ademais resposta ás demandas veciñais”, sinalou Laura Rivadeneira, concelleira de Obras de Muros.

Pola súa banda, a alcaldesa María Lago sinalou que “para o noso Goberno, as parroquias son unha prioridade, como dixemos desde un primeiro momento, polo que actuacións para mellorar a vida dos veciños e veciñas serán continuas”.

Ademais de estas obras de renovación do firme, nos últimos meses o concello realizou traballos de reparación de fochancas na rede de camiños da vila.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.