O Concello da Pobra homenaxeará o sábado o exilio republicano esoldados da compañía “La Nueve”

21 Agosto 2024

Unha semana despois de conmemora-lo Día da Galiza Mártir, o Concello da Pobra do Caramiñal
organiza un acto de homenaxe máis en materia de memoria histórica.
Consistirá nunha homenaxe ó exilio republicano e soldados da compañía “La Nueve”, que contará coas intervencións da concelleira da Memoria Histórica, Patricia Lojo; de Juan Galán, biógrafo do soldado da Pobra no exército vasco Joaquín Fernández Millán; e de Virginia Fernández, neta deste soldado.
Este acto terá lugar no sábado, 24, ás 12.30 horas, a carón da escultura pola memoria histórica situada nos Xardíns de Valle-Inclán e estará amenizado musicalmente por Barahúnda.
Como ben manifesta a edil, “continuamos así cos actos de recoñecemento e da exixencia da verdade, xustiza e reparación.”

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.