Nova edición de fora stocks Boiro Festa despedida do verán

20 Agosto 2024

Con motivo do remate do verán e do período de rebaixas a ABE e o Concello de Boiro organizan unha Festa final de verán que compaxinará a liquidación dos stocks dos comercios cun amplo cartel de actividades de todo tipo durante o venres 23 e o sábado 24 de agosto.

Stocks fora Boiro

Os comercios asociados a patronal Boirense ofrecerán centos de produtos a prezos de liquidación durante toda a fin de semana, tanto os comercios como os produtos estarán sinalizados con carteis circulares e globos coas cores amarela e azul da campaña para que os clientes os poidan localizar facilmente.

Sorteo presencial de 1 premio de 1.000€

Coas compras da finde os clientes poden cambiar os tíckets dos negocios participantes por rifas para un sorteo presencial de 1.000€ . Colocarase unha jaima na Rúa Estatuto de Galicia o sábado de 18:30 a 21:30 para cambiar os tíckets e o sorteo será as 21:30 horas.

Por cada 10€de compra entregarase unha rifa para o sorteo.

Rúa Estatuto de Galicia o sábado de 18:30 a 21:30

Camiseta edición limitada SOMOS BOIRO

Na mesma jaima poderase conseguir a nova camiseta oficial da ABE #somosboiro da que elaborouse unha edición limitada de 50 unidades que poderán adquirir por tan so 10€ os  primeiros 50 clientes que presenten un tícket de compra dun negocio asociado.

Ademais parte do importe da venda adicarase a fins solidarios xa que 2€ de cada camiseta vendida doaranse a Cruz Vermella Boiro.

Na mesma carpa repartiranse globos e piruletas aos cativos que nos visiten.

Rúa Estatuto de Galicia o sábado 24 de 18:30 a 21:30

Festa infantil

Na praza do concello terá lugar a festa infantil na que instalaranse 2 inchables e un toro mecánico as que soamente se pode acceder coas invitacións que entregan os comercios xunto coas compras da fin de semana.

Tamén se celebrará unha festa da espuma que será aberta para todos os cativos.

Praza do concello sábado 24

18:00 a 21:00 hs – Parque de inchables e toro mecánico

(Con invitación entregada polos negocios participantes)

20:00 hs – Festa da espuma (Entrada libre)

Festa fin de verán

O concello de Boiro programará un conxunto de actividades con motivo da festa fin de verán para esa finde entre as que destaca unha actuación musical itinerante polas rúas de Boiro e a festa final co concerto tributo a El Último de la Fila e fogos de artificio.

12:30 hs Rúas de Boiro

Charanga

22:00 hs Parque da cachada

Concerto tributo El último de la fila

00:30 hs Avda. Avellaneda

Espectáculo pirotécnico

Mais info e programa completo en

www.abe.gal

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...