No Son accidente de tráfico cunha persoa ferida no lugar de Fonforrón, parroquia de Noal

31 Agosto 2024
Bombeiros de Ribeira

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ribeira recibiron unha chamada contra as 10:13 desta mañá por mor dun accidente de tráfico dun vehículo debido a unha saída de vía no que había unha persoa ferida que foi evacuada ao hospital do Barbanza.

O accidente localizouse na estrada AC-550 no punto quilométrico 88 en dirección a Noia á altura do Lugar do Fonforrón, na parroquia de Noal, no concello de Porto do Son.

Unha vez no lugar da incidencia os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ribeira aseguraron o vehículo desconectando a batería provisionalmente. Non foi preciso apuntalalo porque xa estaba estable sobre as catro rodas na cuneta. A extracción da vítima ata a padiola da ambulancia foi dirixida polo persoal sanitario. A doente foi evacuada ao hospital da Barbanza pola ambulancia de urxencias médicas.

Un guindastre fíxose cargo da retirada do vehículo accidentado, non sendo preciso realizar a limpeza da estrada.

Completaron o operativo o GES de Noia, a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.