Muros mira cara ao seu pasado e o seu futuro na I Semana da Historia

23 Agosto 2024

O Concello de Muros acolleu este venres 23 de agosto a presentación da I Semana da Historia de Muros, unha innovadora iniciativa que se celebrará entre o 10 e o 13 de setembro e que busca poñer en valor a historia da vila dende a súa creación para así poder mirar cara ao seu futuro.

“Queremos coñecer mellor e poñer en valor o noso patrimonio histórico e cultural da man de veciños, veciñas e visitantes, mergullándonos no pasado da vila pero sempre coa vista posta no futuro”, destacou a a alcaldesa María Lago quen estivo acompañada na presentación pola concelleira de Cultura, Caridad González.

Pola súa banda, a edil de Cultura salientou “a importancia de coñecer as particularidades da nosa vila”, un dos principais obxectivos desta iniciativa que conta coa colaboración da Deputación da Coruña e do Grupo de Estudos Territoriais da Facultade de Socioloxía da UDC.

Así, do 10 ao 13 de setembro a Fábrica de Sel será escenario dun encontro entre expertos en diversas disciplinas abordarán aspectos clave da historia e do patrimonio local nunha serie de relatorios e debates que culminarán cun concerto de clausura.

A programación arrancará o martes 10 de setembro ás 20:00 horas, co acto institucional de presentación das xornadas. Nesta sesión inaugural as licenciadas en Historia da Arte pola USC María Mayo, e Pepa Fernández Fernández ofrecerán unha charla titulada A historia de Muros a través do Arquivo Municipal. O mércores á mesma hora o doutor en Xeografía Humana pola USC Pedro García Vidal ofrecerá a conferencia A vila medieval de Muros: claves para interpretar unha paisaxe urbana de séculos.

O xoves será a quenda da doutora en Historia da Arte pola UIB Margarita Novo Malvárez, quen analizará tres icónicos edificios que marcaron a identidade cultural da vila na conferencia Arquitectura do ocio en Muros: Teatro Mercedes, Cine París e Cine Avenida.

A semana de actividades culminará o venres, cunha intensa xornada que comezará ás 20:00 horas co debate Retrospectiva e Prospectiva: Un Debate entre A Historia e o Futuro de Muros, moderado pola doutora en Turismo pola UDC Iria Caamaño Franco e coa participación do catedrático en Historia Moderna pola USC Isidro Dubert García e o licenciado en Filoloxía pola USC Alfonso Blanco Quintela.

Como broche final ás xornadas, a Escola Municipal de Música de Muros ofrecerá o concerto Cine París en Concerto: Melodías dunha Época, unha homenaxe musical que porá o peche a esta primeira edición da Semana da Historia de Muros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.