“Montecubeiro”. Xulio Xiz

27 Agosto 2024

Nunca estivera no Monte Cubeiro de Castro Verde, aínda que tivese oído falar ben veces desta parroquia por razóns poderosas entre as que está a de ter sido alí onde o Rei Silo, hai mil trescentos anos, derrotou aos galegos que pretendían librarse da dependencia astur, ou o triste escenario da traxedia de 1937 na que quince inocentes sufriron morte alevosa, tendo xustiza póstuma no pedrón erguido preto da igrexa parroquial.

Montecubeiro é un dos nortes de Xosé María Gómez Vilabella, castroverdense consciente, moi boa xente, creador incansable que profesa devoción absoluta pola súa terra; un amor fondo que o leva alí nas grandes ocasións, unha delas a despedida de Josefina (Estrella Josefa Rielo Castiñeira), o seu gran amor no decurso dos últimos setenta anos.

Oficiada por Nicolás Suseña e José Carlos R. Paradela, a lembranza a Josefina foi entrañable, garimosa, como correspondía á matriarca dunha familia rexida por principios de amizade e devoción á terra e ás xentes.

Xosé María e Josefina deviñeron nunha parella de mozos nonaxenarios para os que o tempo non era máis que a constancia de acumular sabedorías e experiencias, contaxiando optimismo e conseguindo amigos, con Castro Verde e a ledicia (Manuel María dixit) por bandeira.

Fomos a Montecubeiro despedir a Josefina, e comprobar a enteireza de Xosé María, a entrega da súa familia, a presenza dos amigos, e a pervivencia de vida nun rural que pode estarse baleirando pero mantén viva a esencia da terra e da historia. Montecubeiro é terra especial que desperta amor. Xosé María Gómez Vilabella, mozo de 94 anos, é un exemplo de vida, mesmo diante da morte, e ama Montecubeiro.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.