Licitado o proxecto de rehabilitación do conxunto monumental Torres de Oeste de Catoira

31 Agosto 2024

É unha das accións dos 12 Bens de Interese Cultural nos que se actúa no marco do Plan Xacobeo Next Generation posto en marcha polo Goberno autonómico 

A Xunta de Galicia vén de abrir o proceso de licitación do contrato para rehabilitar o conxunto monumental Torres de Oeste no Concello de Catoira por 300.000€. A actuación enmárcanse no Plan Xacobeo Next Generation posto en marcha por Turismo de Galicia con fondos europeos para a rehabilitación e mellora de 12 Bens de Interese Cultural de titularidade pública vencellados ao Camiño de Santiago.

A intervención prevé a rehabilitación da capela con traballos de retellado da cuberta, restauración da imaxinería do Apóstolo Santiago así como colocación de novas portas e cableado, entre outras. Tamén se instalará unha caseta informativa que substituirá a existente, rehabilitarase a pérgola metálica de acceso, da pasarela de madeira, reformarase a zona de colectores de lixo mellorando a súa estética e finalmente desbrozarase e mellorarase a iluminación existente.

Plan Xacobeo Next Generation

Esta acción enmárcase nos distintos proxectos que a Xunta de Galicia está facendo realidade cos fondos europeos que foron asignados á Comunidade galega co Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea. En concreto, forma parte do Plan Xacobeo Next Generation, que inclúe a posta en marcha de distintas liñas de axuda, a sinalización da rede cicloturística Eurovelo ou a rehabilitación de 12 BIC do Camiño de Santiago.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.