Licitado o mantemento de equipamentos e instalacións para o coidado da saúde da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza

06 Agosto 2024

A Xunta publica hoxe no Portal de Contratos de Galicia a licitación do servizo de mantemento dos equipamentos e instalacións para o coidado da saúde e outro equipamento complementario da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza por 2.852.300 euros e un período de duración de 24 meses.

Mediante esta contratación o Servizo Galego de Saúde procura o mellor estado de operatividade dos equipamentos, minimizando os períodos de parada ante posibles eventualidades e garantindo a continuidade asistencial dos pacientes.

O servizo de mantemento preventivo será prestado por persoal cualificado e con experiencia na instalación de infraestrutura de comunicacións e coas ferramentas técnicas específicas para seguir as indicacións dos provedores.

Entre as familias de equipamento sobre as que se realizará un mantemento integral atópanse as de diagnóstico xeral (como tensiómetros, audímetros ou detectores de trombos), de diagnóstico endocavital e cirúrxicos (torres de exploración dixestiva ou de laparoscopia), de analítica e laboratorios (sistemas de cultivos ou conxeladores), de monitorización (monitores de presión arterial, de actividade cerebral, fetais ou desfibriladores), equipamentos de terapéutica xeral (mantas térmicas ou bombas de infusión), de terapéutica substitutiva e reanimación (marcapasos exteriores), mobiliario clínico eléctrico, electrohidráulico ou electromecánico (camas eléctricas ou padiolas de coidados críticos), equipamentos de esterilización e desinfección (xeradores de vapor ou esterilizadores de plasma), de medida e calibración do servizo de Medicina Preventiva (termómetros ou sonómetros), equipamentos de medida de protección radiolóxica, instalacións de dosificadoras industriais para medicamentos e armarios intelixentes de expedición de medicamentos, equipamentos de análise da calidade do leite neonatal, entre outros.

En canto a instalacións para o coidado da saúde, realizarase o mantemento de equipos e salas de diagnóstico por imaxe e alta tecnoloxía (como salas de mamografías ou con tecnoloxías de radioterapia), equipamentos de terapéutica substitutiva e reanimación (mesas de anestesia ou respiradores), de fibroscopia ríxida e flexible (ecoendoscopios), dispositivos de corte de aire medicinal, dispositivos de seguimento e rexistro de temperatura/alarma, entre outros.

As empresas interesadas na prestación deste servizo teñen de prazo ata o 3 de setembro para presentar as súas ofertas.

Outros artigos

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.