Galicia pechará o verán con picos de ocupación de ata o 95%

30 Agosto 2024

O sector turístico galego pechou o verán cun nivel de ocupación do 80%, que nalgunhas zonas e, en momentos puntuais, chegou a ser do 95%. A estancia media na Comunidade foi de cinco noites por persoa.

O pasado mes de xullo, Galicia situouse como o sétimo destino máis importante do norte peninsular e o sétimo de España por detrás de Cataluña, Baleares, Andalucía, Canarias, Comunidade Valenciana e Madrid.
Así se desprende dos datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística que constatan que -ao igual que sucedera en maio e xuño- a Comunidade galega destacou en volume de noites nos establecementos de aloxamento.
En concreto, na totalidade dos establecementos de aloxamento, o pasado mes de xullo aloxáronse máis de 900.000 persoas que fixeron máis de 2 millóns de noites. Galicia mantense por terceiro ano consecutivo por riba das dúas millóns de noites e supera os niveis prepandemia en pernoitacións.
No mes de xullo, o 62% da demanda corresponde ao segmento hoteleiro –cun 50% para os hoteis e 12% para as pensións- mentres que o 38% restante fica no aloxamento extrahoteleiro, especialmente nos campings, que absorberon o 18% do total, fronte as restantes tipoloxías que representan o 7% no caso dos apartamentos turísticos, o 3% os aloxamentos de turismo rural e o 10% os albergues.
O turismo internacional amosa un comportamento positivo xeneralizado, superando o volume de noites do pasado ano en todas as modalidades agás nos albergues. Os incrementos danse nos hoteis (5,3%), pensións (3,1%) e cámpings (1,9%) e notables nos apartamentos turísticos (13,4%) e no segmento de turismo rural (11,6%).
De xeito acumulado, nos primeiros sete meses deste ano Galicia rexistrou preto de 3,9 millóns de viaxeiros aloxados que fixeron 7 millóns de noites no conxunto do aloxamento turístico, o que supón incrementos de 2,2% e 0,2% respectivamente. Esta dinámica mantén o nivel final de demanda dos primeiros sete meses en máximos da serie histórica con 14.000 novas pernoctacións respecto do nivel de 2023. É por tanto o segundo ano consecutivo no que as noites dos primeiros sete meses se achega á barreira dos sete millóns de noites.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...