Éxito de inscricións no X Trofeo Pitusa Sabín con 40 embarcacións facéndose á Regata Mar de Finisterre

09 Agosto 2024

Juan Caballero.- O Real Club Náutico Portosín vén de selar un campionato de éxito, con 40 unidades rexistradas para disputar esta fin de semana o X Trofeo Pitusa Sabín, a XXXVI Regata Mar de Finisterre.

Das 4 decenas, 26 levan grímpola propia, a que representa o club convocante, facendo gala da súa poderosa frota, unha das máis importantes non só da comarca do Barbanza, senón tamén de toda a comunidade.

Entre a numerosa frota atópanse os dous favoritos ao Trofeo Presidente Xunta de Galicia, o Mirfak, de Diego López, e o Raygrass III, de Tom Núñez. Tanto o veleiro da Comisión de Regatas de Ferrol da Armada Española, como o do Carrumeiro de Corcubión, respectivamente, fixéronse co triunfo en senllas regatas do inicio do Botafumeiro de Prata, por unha banda, a do Real Club Náutico da Coruña e por outro a de Club Náutico Ría de Ares.

O Mirfak de Diego López a carón do faro de Carrumeiro, na ría de Corcubión

A estes dous titáns únense embarcacións como o Elekomanbo, de Carlos Sampedro; o Lambaix, de Antonio Ríos; ou o Urbapaz, de Fran Edreira, os tres do Club Náutico de Cabanas; o Orión, de Javier Pérez, do Monte Real Club de Iates de Bayona; o Impresión 3D Atlántico, de Panchi Blanco, do Real Club Náutico da Coruña; ou o Marina Meira, de Vicente Cid, do Real Club Náutico de Vigo, entre moitos outros.

O Albatros, de Javier Arán; Monterrei, de Paula Fernández; e Montaraz, de José Carlos Costas, todos de Portosín, conforman unha gran frota ata os 40 rexistrados e que este sábado estarán na liña de saída.

A primeira proba será un trazado costeiro de 40 millas náuticas, un 74 km. entre Portosín e a enseada de Fisterra, de ida e volta, facendo paso intermedio polo faro do Carrumeiro Chico, moi próximo á boca de entrada da ría de Corcubión.

Os máis pequenos realizarán un percorrido polo interior da ría dunhas 10 millas, un 18 km., sendo a metade unha boia fondeada nas inmediacións da praia de Arnela.

O domingo día 11 o Comité da Regata ten programado celebrar dous bastóns ao vento, os clásicos barlovento-sotavento polo interior da ría de Muros e Noia.

O X Trofeo Pitusa Sabín – XXXVI Regata Mar de Finisterre puntúa para a Copa de Galicia de Clubs, Clasificatoria Galega para o Campionato de España de Cruceiros e puntúa tamén para o Trofeo Presidente Xunta de Galicia Circuito Alto Nivel.

O Top de saída, en ambas as xornadas da fin de semana, está programado ás 12.00 horas do mediodía.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.