Este xoves comezan as Festas Patronais de Caamaño

13 Agosto 2024

Este xoves 15 de agosto comezan as Festas Patronais de Caamaño, no concello de Porto do Son, e fano cunha xornada adicada á Nosa Señora. Serán tres xornadas de celebracións relixiosas, concertos e actividades para os máis pequenos.

O xoves, logo das dianas e alboradas a cargo do Grupo Folclórico Tradicional Canlebó de Camboño (ás 9.00 horas), haberá unha misa solemne na igrexa parroquial coa posterior procesión (ás 13.00 horas). Ao rematar os oficios relixiosos celebrarase unha sesión vermú acompañada de pinchos populares e amenizada por Javi Machito DJ, na explanada da Casa da Cultura.

O venres 16, día adicado a San Roque, comezará novamente coas dianas e alboradas de Canlebó de Camboño, e logo, ás 13.00 horas, haberá unha misa solemne na igrexa parroquial coa posterior procesión.

O sábado comezará cunha ruada da centenaria Banda de Música de Caamaño, a partir das 9.00 horas, e ás 13.00 celebrarase unha misa solemne na igrexa parroquial e con posterior procesión. Rematada a misa celebrarase un concerto da Banda de Música de Caamaño no adro da igrexa. As festas rematarán con 21 bombas de palenque pola noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.