Na homenaxe que Xermolos lle rendeu en Vilalba a Antía Cal, comenteille o máxico que para min era o lugar de Muras ao que estaba vencellada – casa dos seus avós maternos -, que hoxe proclama “Aquí criouse unha mociña que veu da Habana para coñecer a terra onde naceron os seus pais, os seus avós, e todas as súas xentes”. Era o “Mesón de Vázquez”, onde paraba o coche dos Veiga que desde Vilalba me levaba cara a Ambosores nos meus veráns infantís. O mundo habitado remataba alí, e alí comezaba o misterio.
A maxia que para min tivo aquel lugar, volve con especial simbolismo coa exposición de Antón Beiras ”A malla de Pascual, 1957”, montada nunha palleira fronte ao antigo Mesón, coa que a familia Beiras-Cal recupera un importante anaco da historia visual.
As fotos lembran tempos idos, persoas e labores que xa son historia, perfecta crónica redactada polo galeguista e oftalmólogo de referencia, que con Antía – mestra e pedagoga – formou un binomio querido e respectado por todos.
Hai que ir a Muras para ver a exposición, e vale a pena, especialmente para os que lembren os tempos da vella estrada que pasaba polo “cruce” e polo Mesón que desde tempo inmemorial era parada dos viaxeiros.
É unha sorpresa moi grata ir pola vella estrada e de súpeto atopar unha palleira restaurada, con vistosa rotulación exterior, e pisar as vellas taboas do interior mentras contemplamos imaxes irrepetibles que seguen vivas no máis profundo de nós, e nos dan a mellor imaxe do que se pode facer para que a memoria – dos feitos e das persoas – siga viva, e o rural non morra de todo. En Muras: Sinal de Vida.
Pedro Sánchez, secretario xeral do PSOE e presidente do Goberno español, foi claro e contundente na rolda de prensa -a primeira por el celebrada ao respecto- para ofrecer apuntamentos que permitan ao pobo español coñecer se vai ou non continuar presidindo o Executivo...
Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...
Desde vai anos, especialmente desde a tristísima e dura etapa da pandemia do COVID-19, tento analizar o motivo ou motivos polos que o xornalismo español caeu tan baixo. Non dou chegado a unha explicación rotunda, irrevocable, indiscutible. Mais sí sei -ou creo saber-...
Despois de dezasete anos de existencia, a Irmandade Xurídica Galega segue arrecadando novos efectivos para o fomento da lingua galega nos usos xurídicos. Isto faise coa constancia dos xuristas que actualmente son meritorios exemplos a imitar. Este é o caso,por...
En contra de mi voluntad. Hoy no quisiera escribir sobre ello, pero me toca, aunque sea tangencialmente. Uno por cercanía de barrio, otros por cercanía de vecindad ciudadana. Algunos dicen no entender, si tenía una buena familia, empresa, un velero, casa en la playa,...
A corrupción é algo inherente ao ser humano. Non hai colectivo, entidade, organismo, empresa ou persoa individual que esteamos libres de cometer algún delito de corrupción. O peor, é cando esta afecta o erario público e ao diñeiro de todos. Nas Administracións...