En licitación as obras para a recuperación dos sendeiros que unen o paseo do río Breiro con Exipto, no concello de Boiro

27 Agosto 2024

O Concello de Boiro sacou a licitación as obras para a recuperación de sendeiros que unen o paseo do río Breiro e Mañóns, puntos de interese turístico, no tramo comprendido entre o río Breiro e Exipto. O importe da licitación ascende aos 100.336,08 euros e as empresas interesadas en formar parte do proceso poden presentar as súas ofertas mediante a Plataforma de Contratación do Sector Público ata o 9 de setembro.

O proxecto, valorado en 100.336,08 euros, busca recuperar os camiños rurais existentes que conectan o núcleo urbano de Boiro coa praia de Mañóns para favorecer a mobilidade peonil e ciclista e lograr unha integración paisaxística. A actuación que se pretende levar a cabo é unha primeira fase de recuperación do sendeiro no seu tramo comprendido entre o río Breiro e Exipto. O percorrido no que se pretende actuar consta dunha lonxitude de 1.625 metros lineais e que contan cun ancho medio de 2,2 metros. A solución pasa por crear unha senda de chan eco estábel e duradeiro cunha base de saburra natural e superficie rematada en area cemento. O obxectivo é achegar sendeiros resistentes ás inclemencias meteorolóxicas e ao tránsito de persoas e bicicletas.

O proxecto conta cunha subvención por importe de 80.000 euros da Axencia Galega de Turismo a través das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea NextGenerationUE.

Outros artigos

Mércores 28, xornada de tempo seco e máximas en ascenso

A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.