“Egilona, raíña”. Xulio Xiz

20 Agosto 2024

Nos libros de estudo dos anos sesenta, a conquista de España polos árabes como outros moitos asuntos vitais, resumíase nun par de frases, falando de Don Rodrigo, de problemas dinásticos, conflitos entre a nobleza e complicidade hispana. Nada souben da raíña Egilona ata a lectura do libro de Manuel Romay que revive a historia da esposa do último rei godo, e a fai protagonista dunha ficción histórica que nos adentra de xeito xenial nunha época apaixoante.

Romay fai gala de fondo coñecemento histórico e axil narrativa en todas as súas obras e demóstrao de novo adentrándose nos comezos do século VIII, coa agonía do reino godo e a expansión do Califato, que viña de conquistar o norte de África e atopou na península un paraíso coas portas francas.

Usa o escritor artificio enxeñoso para presenciar os feitos, conversar coas persoas, testemuñar actitudes para conseguir unha perspectiva total superando as barreiras de espazos e tempos, e facer minucioso estudo da situación de Hispania e do Califato, onde se entrecruzan os intereses públicos cos personais, as crenzas coas ansias de poder, as riquezas materiais coas miserias persoais.

A historia de Egilona, muller en sociedade e tempos patriarcais, é un facho de luz sobre un tempo da historia nunca ben coñecido, no que as personaxes – coma nun teatro intemporal – reviven os seus papeis, soñan futuros imposibles, aman ou sofren, sometidos a poderes implacables.

“Egilona, reina cristiana y sarracena” é un anaco da gran historia de Hispania, desmiuzada con inxenio para que poidamos coñecer o acontecido como se ocorrira arredor de nós.

“Egilona, reina cristiana y sarracena”. Manuel Romay López.Seleer,2023.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.