“Descarbonizar, informar e proxectar: Altri, impacto paisaxístico considerable” – Antón Luaces

08 Agosto 2024

Non son barreiras contrarias á instalación en Palas de Rei da polémica fábrica téxtil: esas barreiras xa estaban “aí” antes de que a industria portuguesa fixera pública a súa pretensión de vir a Galicia. De calquera xeito, Altri tenta beneficiarse das axudas que, por 140 millóns de euros, forman parte do proxecto estratéxico para a recuperación e transformación económica (PERTE) de Descarbonización Industrial. A participación de Altri nesta convocatoria de axudas garda relación co financiamento da súa planta de fibras téxtiles na citada localidade lucense.

A fábrica que se proxecta xa non só esperta sentimentos contrarios na cidadanía galega. É que, amais, “pode producir un impacto paisaxístico considerable”,  a criterio do Instituto de Estudos do Territorio, órgano da Consellería de Medio Ambiente encargado do respecto da paisaxe.

Así o revela a web da axencia de noticias Europa Press -á que cita o xornal Praza Pública- cando sinala que este “informe crítico” forma parte do expediente de avaliación ambiental “aínda en tramitación por parte do Goberno galego”.

O “impacto” ao que alude Europa Press apunta directamente á cheminea de 75 metros de altura prevista pola industria, e máis tamén ás dúas caldeiras de 60 e 50 metros da mesma planta industrial. Porén, o Instituto de Estudos do Territorio valora o proxecto se son introducidas no mesmo un total de seis “medidas correctoras” que palíen o seu impacto visual  xa que logo as medidas previstas pola empresa para limitar ese impacto son “correctas” mais insuficientes.

Por estes motivos, o Instituto esixe unha análise completa de visibilidade das instalacións máis precisa para o deseño das barreiras vexetais que ocultarán a fábrica, que se empreguen para elo especies autóctonas, que non se utilicen materiais reflectantes, que se minimicen as alteracións da topografìa e se respecten os valados tradicionais, que se reduza a contaminación lumínica e que o punto de vertedura de auga ao río Ulla respecte a paisaxe desa zona.

Agora queda pendente a recepción por Medio Ambiente doutros informes sectoriais analizando diversos aspectos do impacto da fábrica para, coñecido o conxunto, tomar unha decisión sobre se autoriza ou non o proxecto.

Son, en definitiva, argumentos que dan máis valor á posición contraria a Altri en Palas de Rei, da maior parte da veciñanza e de distintos sectores, nomeadamente os mariñeiros, mariscadores e agrícolas/gandeiros.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.