“Contaminación” – José Manuel Pena

06 Agosto 2024

Moitos somos conscientes de que a maneira en que utilizamos a auga e a enerxía, a forma en que deseñamos as nosas casas e recollemos os residuos, se gozamos ou non dos nosos xardíns e dos parques naturais que nos rodean, todos estes son factores que afectan o noso mundo, no que habitamos e queremos que sigan vivindo as futuras xeracións.

Hai moita xente consciente de que é necesario protexer o planeta pero hai outra que non mira máis aló e manteñen uns malos hábitos ambientais. Así non hai máis que pasearse, a calquera hora do día ou da madrugada, por algunha zona portuaria e observamos como, a pesar de existir diversos contedores de cor verde, azul e amarelo; os plásticos, botellas, redes, caixas …, son “esquecidas” en calquera lugar preto da beira do mar onde, inevitablemente, terminan caendo e danando o ecosistema.

Os mariñeiros, pescadores, redeiros, armadores, comercializadores, exportadores e calquera outro tipo persoa ou colectivo que realice labores marítimos, directa ou indirectamente, temos que ter uns comportamentos máis respectuosos coa contorna para evitar a proliferación dos anacos de caixas, redes, metais, así como de plásticos que deambulan, co vento, por todas as zonas portuarias dos nosos pobos e cidades e que son moi contaminantes para o ecosistema mariño. Aí os responsables dos portos pesqueiros, comerciais ou deportivos, teñen moito que dicir e non escudarse en que eles cumpren con facilitar, gratuitamente, os contedores sen máis.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.