Concello e Stop-Desafiuzamentos abordan o problema da vivenda en Ribeira

05 Agosto 2024

O rexedor de Ribeira, Luís Pérez Barral, mantivo unha xuntanza de traballo ese luns 5 de agosto co portavoz de Stop Desafiuzamentos, José Manuel Pena, para abordar o problema da vivenda no Concello e estudar alternativas para darlle unha solución. Segundo explicou o alcalde, o primeiro que se vai facer de xeito conxunto é “solicitar unha reunión co director do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), outra coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e outra coa Valedora do Pobo para establecer colaboracións que permitan que Ribeira gañe vivenda para alugueiro asequíbel”.

Pérez Barral asegurou que se ten solicitado que Ribeira figure nos plans do Estado e da Xunta para que se poidan construír vivendas en réxime de alugueiro a prezos alcanzábeis para a poboación. Neste sentido, lembrou que o Estado vén de anunciar que Ribeira entrará no Proxecto Viena, que consiste en destinar vivendas da Sareb ou parcelas desta entidade para construír vivenda protexida.

Pola súa banda, José Manuel Pena, incidiu na necesidade de fomentar o alugueiro das vivendas baleiras fomentando garantías como seguros de falta de pago, desocupación, deficiencias nas vivendas, etc. Ademais disto Pena salientou que “as administracións deberían ter un listado de vivendas baleiras en mans das entidades financeiras, fondos de investimento e grupos inmobiliarios co obxectivo de negociar, en interlocución da Valedoira do Pobo, para chegar a acordos que permitan incrementar a oferta en alternativas habitacionais para a veciñanza ribeirense”.

Pena e Barral salientaron a “boa interlocución” e concordaron en que se debe traballar de maneira coordinada entre as dministracións para darlle solución a este problema, “fomentando a construción de vivenda protexida e fomentando o alugueiro accesíbel para a cidadanía”.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.