Boiro realiza actuacións de mellora na contorna da capela de San Ramón de Bealo

09 Agosto 2024

O Concello de Boiro realiza actuacións de mellora na contorna e accesos da capela de San Ramón de Bealo. As actuacións consisten no arranxo e mellora das estradas que bordean o santuario.
Entre as actuacións realizadas está o adecentamento das pistas de terra que bordean o santuario e que, debido ás fortes choivas do inverno, estaban deterioradas e con covas. Ademais, actuouse nos camiños de
acceso á capela e estanse a levar a cabo outras tarefas de mantemento do espazo coa adecuación do mobiliario público.
Estes traballos forman parte do Plan de actuacións e mantemento que o concello, a través da Concellería de Medio Rural, realiza nas parroquias para a mellora de accesos e espazos públicos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.