O Concello de Boiro colabora co CD Galicia Bealo nunha nova edición da BTT Bealo Party, que terá lugar o vindeiro domingo 25 de agosto. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou esta mañá na
presentación da proba xunto con David Rodríguez e David Lorenzo, membros da directiva.
A proba vai constar de dous percorridos para a BTT, un de 46 quilómetros e outro de 34, e unha andaina de 18 quilómetros, todos eles discorrendo por entornas naturais do municipio aproveitando o percorrido
do camiño A Orixe. “Trátase de rutas asequibles nas que se pode inscribir calquera persoa maior de 13 anos e que teñen como finalidade lograr financiamento para o club”, afirmou David Rodríguez, presidente do club.
O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, agradeceu a implicación do club para a organización desta actividade “moi atractiva, que chega xa á súa décima edición e que vai mais alá da propia actividade deportiva do club”. O Concello de Boiro colabora con esta e outras probas que se disputan no municipio e que fan de Boiro un referente a nivel deportivo.
As inscricións están abertas e poden facerse na web bealoparty.wordpress.com e teñen un prezo de 12 euros para a BTT e 10 para a andaina.




