“As vantaxes de Ribeira 15960” – Manuel Domínguez

07 Agosto 2024
Coroso (Ribeira) coa serra do Barbanza (Os Forcados e A Curota) ao fondo

O outro día como adoita ser habitual en min, unha parella necesitaba unha mesa á sombra, querían gozar dos manxares que ofrece esta nosa, a vosa Ribeira, díxenlles: se vos prace podedes sentarvos na miña mesa, está libre a mesa, eu marcharei axiña. Cal sería a miña sorpresa que días máis tarde un señor, ao que non recoñezo no momento, convídame a unha consumición, pregunto as razóns e dime: “O outro día cedíchesnos a mesa, e quixera agradecelo”.

Compensoume con 1 hora de charla, expliqueille que as xentes desta cidade somos xente aberta, xenerosa, é fácil establecer contacto.

Para máis alegría onte saúdame unha señora de Ribeira, residente en USA, moi preto de onde vivían os Kennedy, á marxe de coñecerme por estes medios tiven certa relación co seu pai, avó do matrimonio, e oh, grata sorpresa, que mercaron piso na cidade para pronto vir residir nela.

Xoves, dous belezóns, pregúntolles por esa bendición xenética, nunca fumaron e non consumen alcol, iso din a razón da súa forma, tamén camiñan todos os días.

Unha gran alegría.

Ribeira no extremo dunha península, non é terra de paso, se entras non hai saída, ten un hospital comarcal, que atende as necesidades primarias, logo a 1 hora ten un hospital xeral, moi recoñecido, así como a 1 hora dispón de universidade, rodeada de mar por ambas as partes ten un aire fresco e puro.

É Ribeira un paraíso? Non en absoluto, antes cando neno podiamos vivir coas portas de casa abertas, hoxe o roubo e a ocupación de vivendas esta a a orde do día, nun sector mínimo a falta de respecto, educación, é evidente, talvez mínima, mínima pero intensa.

Non é un problema exclusivo de Ribeira, senón de toda a península, non do Barbanza, senón de España, perdeuse o respecto, a educación e as boas formas, e non o digo eu, dinmo, xentes de aquí e de alá.

O poder político está tomado por chafulleiros e estas son as consecuencias, e a oposición, máis do mesmo son dúas caras da mesma moeda.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.