O pasado 27 de xullo celebrouse a primeira das tres citas desta primeira Xuntanza de Esculturas de Area de Ribeira, onde 72 persoas, tanto adultos como nenos, deron forma a 35 figuras. Foi unha cita promovida por Jesús Antonio Paz e Conchi Olveira na que colabora o Concello de Ribeira. Despois do éxito da primeira xeira, incluíronse no calendario dúas citas máis: a segunda, o vindeiro 11 de agosto na praia da Corna en Palmeira na que xa se acadou o tope de inscricións; e a terceira e última da xuntanza desta primeira edición, no areal do Rebalo en Aguiño o vindeiro 17 de agosto na que os interesados poden facer a inscrición na conta da redes social Instagram @apintedasdunas ou a_curuxa16. Nesta última cita o xurado contará co músico Nando Llon e do influencer Víctor Oujo. A franxa de idade para a inscrición é de 3 a 12 anos acompañados por un adulto/a.
Este sábado inaugúrase en Artes (Ribeira) a mostra do XV Premio Atlante de Gravado
O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) vai acoller o sábado 14 de setembro (ás 13.00 horas na sala 0 do museo) a inauguración da mostra do XV Premio Atlante de Gravado. Contarase coa presenza do director do museo, Pastor Rodríguez, e do alcalde de Ribeira (e presidente...