As Festas de Oleiros despiden agosto e dan a benvida a setembro

29 Agosto 2024

Nun calendario de estío cheo de festas non podían faltar á cita as Festas de Oleiros que se van a celebrar os días 30 e 31 de agosto e rematarán o vindeiro domingo 1 de setembro.
Á presentación acudiron o segundo tenente de Alcalde, Francisco Suárez-Puerta, o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, o presidente da Comisión de Festas, Lisardo Pérez Casal máis membros da comisión.
Suárez-Puerta agradeceu e felicitou á Comisión de Festas polo seu traballo “porque sen o seu esforzo e todo o traballo que poñen durante todo o ano, non sería posible que nesta parroquia se levaran a cabo estas festas”. Tamén falou do variada programación para tódolos públicos e invitou á toda a veciñanza a asistir a estas festas tan especiais.
Programación:
Vernes 30 de agosto:
· Dianas e alboradas a cargo do grupo de gaitas “Os Pequenos do Barbanza”
· Actuación do trío “Arena Musical”
· Planet Disco con DJ Manu X
Sábado 31 de agosto:
· Dianas y alboradas cargo do grupo de gaitas “Os Pequenos do Barbanza”
· Torneo 50o Aniversario no Campo da Trinidade
· IV Ruta Cabalar
· Actuación do grupo “Master”
· Planet Disco con Mateo Abelleira.
Domingo 1 de setembro:
· Dianas y alboradas cargo do grupo de gaitas “Os Pequenos do Barbanza”
· Misa Solemne e Procesión.
· VIII Festa da Empanada
· Solteiros contra casados no campo de Trinidade
· Festa infantil

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.