Aprazado o domingo o Combate Naval de Vilagarcía polo mal tempo

22 Agosto 2024

As malas previsións meteorolóxicas para o sábado levaron á concellería de Cultura e á empresa Penide a aprazar o ‘Combate Naval’, o festival pirotécnico que tradicionalmente marca o fin das festas de San Roque, trasladándoo ao domingo

Segundo as previsións, aínda que na noite do sábado, momento previsto inicialmente para o Combate, non se espera choiva, o proceso de montaxe require polo menos 24 horas de tempo seco, o cal non está garantido.

Este non é o primeiro ano en que o espectáculo ten que ser aprazado, celebrado un domingo ou mesmo suspendido debido ás condicións meteorolóxicas adversas.

Dado que o luns é laborable, decidiuse adiantar media hora o comezo da exhibición pirotécnica, que terá lugar ás 23:30 horas do domingo, en lugar da a medianoite.

Ademais, o desfile de carrozas tamén verá modificada a súa hora de inicio, que pasa das 21:30 ás 21:00 horas.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.