“Amigos para sempre”. Luís Celeiro

14 Agosto 2024

Se o papa Calisto II, o arcebispo Diego Xelmírez e outros da época, entre eles Aimerico
Picaud, levantan a cabeza e observan que o Codex Calixtinus está hoxe de plena actualidade,
van correndo na procura do primeiro confesionario e decláranse culpables. Laméntanse,
rezan, choran e rin ao mesmo tempo. O Liber Sancti Jacobi deu moito de si e os peregrinos
modernos queren coñecelo, queren aprender da historia e queren saber se eles son como
eran os peregrinos da idade media.
Queren pescudar na economía das peregrinacións, nas atencións aos peregrinos, no
márketing, na delimitación das rutas de peregrinación a Santiago, no espertar do Xacobeo e
na influencia do camiñar ou peregrinar na economía das zonas polas que pasa o Camiño de
Santiago, “a poderosa industria de Galicia”.
Tres dos millares de peregrinos que chegaron antonte a Santiago, foron onte na procura do
seu coche aparcado nun lugar a cen quilómetros do punto final do Camiño. Recolleron a
Compostela e alá foron na procura do seu coche para volver á casa. A experiencia para os
tres foi extraordinaria, “para repetir tan pronto se poida”.
Aquí levamos A Compostela. Non serve para nada, pero nós queremos levala, é unha
evidencia, un papel, un diploma que vai na mochila, no corazón e na alma. “O Camiño
esperta e aviva os sentimentos”, dicía un deles, Alfredo, o máis novo do trío, e une
vontades, apuntaba Xesús, outro dos que “imos namorados da paisaxe galega, da
gastronomía, das subidas e baixadas, dos ríos, da vexetación e da xente”.
O Camiño é algo diferente, unha ruta para andar, que vai dende a túa casa ata a casa do
Apóstolo Santiago. Unha ruta que deu moito que falar, moito que estudar e moita riqueza.
Os peregrinos e os camiñantes, cada vez, están máis atentos ao andar do Camiño, ao facer
da xente, á mirada da xente e á atención da comunicación. “O Camiño, como di a Tía
Manuela, é fundamentalmente comunicación”.
Descubrimos formas de negocio innovadoras, dixo Manuel, un experto en electrónica e en
informática, capaz de aprender no Camiño o que non se podía estudar na universidade.
Como exemplo, referiuse ao aparcadoiro aquel onde deixas o coche por uns cantos euros
ata que rematas a peregrinación. Que como moi ben apuntaba outro dos seus colegas, “non
é peregrinación nin é nada”.
Para o vindeiro ano faremos outro Camiño ou outro tramo deste mesmo, “é un pracer
enorme rematar a xornada coa tarefa cumprida e a cabeza descansada”. Efectivamente, ao
rematar cada día, o importante e conveniente é prepararse para o día seguinte, cear, falar,
escoitar, rir e, se é o caso, soñar. Os tres chocaron as mans, intercambiaron enderezos e, a
partir de agora, “amigos para sempre”.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...