“Altri”. Xulio Xiz

07 Agosto 2024

Nos tempos de despertar económico, calquera rexedor municipal se coroaba como taumaturgo se conseguía para o seu concello unha gran empresa que solucionase, aínda que fose temporalmente, o presente e o futuro da súa xente.

Xa fose o complexo de As Pontes ou Alúmina, nos casos máis rechamantes; a factoría de Oural ou a mina de Pedrafita máis modestas…, grandes, pequenas ou medianas empresas dedicadas á carne ou o leite, á extracción ou á transformación, tiñan as portas abertas polo que significaban e significan os postos directos e indirectos, e para transportistas, abastedores, hostelería ou servizos… todo se mobilizaba co nacemento dunha empresa. Logo, démonos conta que os beneficios tiñan contrapartidas, por veces onerosas, e agora calquera iniciativa acciona as alarmas e as campás tocan a rebato.

O Concello de Lugo xa dixo, por unanimidade, o que pensa da planta de Coeses, e cando hai unanimidade, nada hai que engadir. Con Altri, non pasa o mesmo, e hai división de opinións, agardando que as institucións decidan despois de que as voces autorizadas se pronuncien.

Non me atrevo a opinar sobre Altri, sobre a que moitos teñen formada opinión previa. Un deles, Luis Zahera, grande do cine que me provoca grande simpatía, que se manifesta abertamente en contra, sendo respectable a súa opinión, pero non debe contar á hora de decidir.

Quen deben falar son os afectados a través das institucións que os representan e estas, en base a informes dos técnicos, sopesando todos os elementos que inciden na creación dunha gran empresa no rural, decidir de xeito unánime o que convén para a zona e para os intereses xerais do país.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.