Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron requiridos ás 17:05 horas de onte por un accidente de tráfico na estrada DP-1105, á altura do punto quilométrico 4,5 na parroquia de Tallara no Concello de Lousame. Tratouse dunha saída de vía con dous feridos leves e unha persoa máis ilesa. Os tres eran ocupantes do turismo afectado.
Á chegada ao lugar os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro observaron que se producira unha a saída de vía polo marxe esquerdo en dirección Boiro, quedando o turismo envorcado sobre o teito na beirarrúa. No accidente o vehículo impactou contra un poste de corrente, provocando a súa rotura na base. O poste quedou tirado na estrada, cortando os dous sentidos de circulación.
No operativo os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro procederon ao corte dos ferros do poste de corrente cunha radial e, posteriormente, retiraron o poste de forma manual coa axuda do persoal da empresa CRC e do GES de Noia.
Unha vez retirado o poste e desconectados os cables por parte da empresa CRC, bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro, en colaboración co GES de Noia, procederon á limpeza da estrada. Xa que, había restos de cristais e aceite no carril en dirección Boiro.
O vehículo foi retirado.
Na intervención participou tamén a Garda Civil de tráfico.