Accidente de tráfico con dúas persoas feridas en Cespón, no concello de Boiro

30 Agosto 2024

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertadas esta mañá, ás 9:35 horas, dun accidente de tráfico que tivo lugar en Cespón, no concello de Boiro. Na incidencia hai dúas persoas feridas.

Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados ás 9:30  horas desta mañá dun accidente de tráfico con feridos na AC-305, no punto quilométrico 20, da parroquia de Cespón, no Concello de Boiro.

Á chegada procedeuse a realizar unha inspección perimetral do lugar, observando que se trata dunha saída de vía pola marxe dereita da estrada, quedando o vehículo nunha finca. O turismo impactou contra un muro dunha vivenda e tamén contra un poste de corrente eléctrica, aguantado polos cables de corrente eléctrica e con perigo de caer sobre a estrada e a beirarrúa. No accidente resultaron feridas leves dúas persoas.

Os bombeiros atenderon ás persoas feridas e procederon a desconexión da batería do vehículo.

Completaron o operativo a Policía Local de Boiro, a Garda Civil de Boiro, o 061, o SMPC de Boiro, e persoal da empresa CRC

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.