O luns teremos unha mañá con máis nubes na metade norte e ceos máis abertos no sur. Pola tarde os ventos de compoñente oeste deixarán moita humidade, con brétemas no litoral atlántico e nubes baixas entrando polo o oeste. Á noite os ceos quedarán cubertos, con algún orballo durante a madrugada. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso, especialmente no sur. Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste.

O noso mar: Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e variable á noite, forza 2 a 3 á mañá e á tarde e 1 a 2 á noite. Mar rizado á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade boa á mañá, regular á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



