A nova edición do Noia Harp Fest celébrase desde este xoves en Noia diversificando a oferta turística do verán

07 Agosto 2024

A 11ª celebración do Noia Harp Fest dará comezo este xoves na vila coruñesa e reunirá prestixiosos músicos nacionais e internacionais.

O evento musical ofrecerá desde o xoves tres xornadas ateigadas de talento, música e pluralidade estilística nas que o protagonista absoluta será, de novo, a arpa con bandas e solistas chegadas de Alemania, Escocia, Francia, Senegal e Ucrania, que se amosarán a súa notable calidade artística en eidos como a música clásica, o folk ou mesmo o jazz. Figuras como Momi Maiga, Descofar, Camille Levecque, Rachel Hair & Ron Jappy, Nadia Birkenstock e Solomiia Savchuk serán parte dun cartel que, como é habitual, tamén integrará artistas e colectivos galegos. 

O Noia Harp Fest, codirixido por Rodrigo Romaní, Beatriz Martínez e Alba Barreiro, este ano contará con seis espazos sede do evento, á fin de poder ofrecer desde concertos íntimos até propostas máis amplas. Deste xeito, os directos terán lugar nas xa habituais Igrexa Museo de Santa María A Nova, o Teatro Coliseo Noela, o Liceo de Noia e a Praza do Tapal; e ás que se unen, nesta ocasión, o Claustro de San Francisco e a Rúa do Curro. A programación desenvolverase cada xornada en dous recintos diferentes, á fin de espallar a proposta musical pola localidade e, como vén sendo habitual no evento, a entrada de todos os directos será de balde.


O 11º Festival Internacional de Arpa Vila de Noia arrancará, por terceiro ano consecutivo, coa celebración do  Encontro do Alumnado das Escolas de Arpa de Galicia, unha proposta coa que o festival procura estimular a relación entre as e os instrumentistas máis novos do país, e que nesta ocasión proceden da ETRAD de Vigo, da Escola Municipal de Música de Santiago, do Conservatorio das Artes Mayeusis (Vigo), da Barreiro Arpa Escola (Vigo) e do Conservatorio de Torroso (Mos). As probas culminarán nun concerto colectivo que terá lugar este xoves, 8 de agosto, ás 13.00 horas, no mesmo Liceo e, como peche do recital, as e os estudantes interpretarán un tema en común.

Músicas de raíz

A xornada inaugural pecharase ás 20,00 horas cunha Foliada de benvida ao Noia Harp Fest, na Rúa do Curro. Nesta folía participarán Iván García, Nuria de León co seu grupo e arpistas de SonDeSeu; e o baile final virá da man da banda do NHF. A segunda xornada transitará polas músicas de raíz. A intérprete, cantante e compositora alemá Nadia Birkenstock, recoñecida pola súa destreza coa arpa celta e cuxos vídeos contan con millóns de visualizacións na plataforma Youtube, ofrecerá un recital ás 19,00 horas do venres 9 en Santa María A Nova. Pola noite a programación terá lugar no Teatro Coliseo Noela con Solomiia Savchuk, moza ucraniana residente en Ferrol e destacada intérprete de bandura, un instrumento do seu país de corda pulsada que combina elementos da cítara e o laúde; e o dúo escocés Rachel Hair & Ron Jappy, que achegará un dos directos máis esperados deste NHF.

A terceira e última xornada desta edición chegará o sábado 10 de agosto, día no que a francesa Camille Levecque inaugurará o Claustro de San Francisco como sede do evento. Será un concerto íntimo no que o público poderá coñecer, desde a proximidade, o traballo dunha intérprete que, ademais de ter actuado con diversas orquestas nas principais salas europeas, ten colaborado con artistas internacionais como Mike Oldfield, Hélène Grimaud ou Benoit Fromanger.

Xa pola noite, a partir das 21,00h, a Praza do Tapal acollerá directos marcados pola experimentación. O trío Descofar presentará o seu LP Chimera. O peche chegará co cantante e intérprete senegalés Momi Maiga, que presentará no Noia Harp Fest o seu primeiro disco, NIO.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.