A Gamela reivindica a historia de Cabo de Cruz cun mural e unha exposición permanente

30 Agosto 2024

O proxecto A Memoria de Cabo de Cruz, impulsado pola asociación de tradicións mariñeiras A Gamela do Cabo da Cruz (Boiro) co apoio e financiamento dos Grupos de Acción Costeira Local do sector Pesqueiro (os GALP), achega este verán importantes novidades no seu obxectivo de recuperar e reivindicar a historia da parroquia boirense do Castro (Cabo de Cruz), e das súas xentes. Segundo informaron dende a dita asociación, dende esta semana xa se pode visitar a primeira parte deste proxecto que, nun plano máis concreto, envórcase en divulgar o patrimonio inmaterial do pobo de Cabo de Cruz vencellado ao mar e aos seus oficios e a importancia da muller no desenvolvemento da historia, reivindicando a importancia do seu papel, as dificultades ás que se enfrontaron e os avances acadados no desenvolvemento das zonas costeiras.

Dúas fases

O proxecto de arquivo histórico ten varias fases: dende a recollida de material gráfico e histórico do lugar (fotografías, documentos ou audiovisuais antigos) á gravación de testemuñas da memoria aínda viva nas persoas maiores, pasando por actividades de creación artística urbana e iniciativas de comunicación dixital. De feito, na primeira fase inclúense dúas intervencións de rúa: por unha banda un mural realizado por Xoana Almar e Miguel Peralta de Cestola na Cachola nas paredes da Lonxa de Cabo de Cruz que xa se pode visitar (e dende A Gamela fan un chamamento a contemplar in situ o mural en cuestión), e pola outra unha nova creación artística que se dará a coñecer a finais do mes de setembro e que consistirá na colocación de 20 fotografías históricas impresas en aluminio para facer unha exposición permanente polos lugares históricos de Cabo de Cruz.

O proxecto inclúe tamén a creación dunha web, gamela.org, que servirá de soporte dixital para aloxar o material fotográfico e os documentos cedidos pola veciñanza e os vídeos realizados cos testemuños e a memoria das mulleres que viviron ese tempo, ese xeito de vida, o campo, os barcos… En definitiva, nesta web temática os usuarios poderán ver as fotos, os documentos e os vídeos resultantes do proxecto, publicacións en papel e soportes dixitais, redes sociais, etc.

A Gamela pretende con este proxecto “cumprir co obxectivo da asociación de recuperar e poñer en valor do patrimonio do lugar, comezando polas embarcacións tradicionais e a cultura marítima pero tamén, por suposto, no entorno social e cultural co que estas embarcacións están relacionadas”.

Quen queira contribuír ao desenvolvemento do proxecto pode enviar propostas e materiais a través do teléfono 646 833 730 (Pablo) e do correo gamelacabodecruz@gmail.com.

Outros artigos

Sábado 12, con nubes e claros e temperaturas en ascenso

O sábado, día do Pilar e Festa Nacional de España, persistirá certa inestabilidade atmosférica .Con esta situación, agárdanse ceos con intervalos de nubes e claros, con algúns chuvascos, máis probables canto máis ó oeste e pola mañá. As temperaturas experimentarán un...

+

Nova imaxe institucional do Concello de Muros

O Concello de Muros presentou esta tarde a súa nova imaxe corporativa e institucional, unha nova marca que reflicte os elementos máis representativos do concello e o seu forte vínculo co mar.Nun acto para o tecido asociativo e o conxunto da veciñanza celebrado no...

+

Presentación do IV Open Corrubedo de Spinning Galicia

O vindeiro 26 de outubro teremos esta cuarta edición de pesca con cana organizada polo clubSpinning Galicia. Na presentación estiveron o segundo tenente de Alcalde, Francisco Suárez-Puerta, oconcelleiro de Deportes, Xabier Vidal, o concelleiro de Mar, Fernando...

+

Premios da Cultura Galega 2024

O xurado dos Premios da Cultura Galega 2024 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

Segundo o último informe do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) e os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), entre os meses de abril e xuño do ano en curso, executáronse 5.874 desafiuzamentos por falta de pagamentos de alugueiro e uns 469 por execucións...

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

El teatro es espejo de la vida o de las costumbres, se aventura como oráculo, o arriesga incluso en vanguardias imprevisibles, en inverosímiles utopías, o no, con sencillez opta por  disimular angustias entre humoradas; por algo más de una hora actúa cual eficaz...