A escola infantil pública do Son é obxecto de melloras

28 Agosto 2024

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado do alcalde da localidade, Luis Oujo, visitou na mañá deste mércores 28 de agosto a escola infantil pública autonómica de Porto do Son, un centro no que están a realizarse obras de mellora aproveitando o mes de agosto, “para non interromper o funcionamento da escola durante o curso”, sinalaron.

A Xunta de Galicia financia esta reforma cun investimento de case 14.000 euros. Os traballos céntranse na substitución do actual pavimento do patio exterior de xogos por céspede artificial, ademais de acometer outras melloras na estética e na funcionalidade do edificio.

Segundo fixo saber Perfecto Rodríguez, “o centro estará renovado de cara ao comezo dun novo curso en setembro”. Será o terceiro no que a Xunta de Galicia financie a gratuidade do 100% das escolas infantís galegas, tanto públicas como privadas ou de entidades sociais. Unha medida cun investimento de 60 millóns de euros que o Goberno galego pon a disposición de máis de 32.000 familias para ofrecerlles un aforro anual medio de máis de 3.000 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.