100 persoas participan na primeira sesión do Consello Fluvial do río Tins en Outes

21 Agosto 2024

Esta fin de semana tivo lugar na Serra de Outes a primeira sesión do Consello Fluvial do río Tins, un órgano de participación que emana da Declaración de Dereitos do río Tins, aprobada por unanimidade do pleno do Concello de Outes o pasado mes de febreiro, co se pretenden recoller as ideas e propostas da veciñanza tanto sobre as accións que se están realizando como sobre as distintas intervencións a executar na zona fluvial.

Na xornada, que tivo lugar o sábado 17, iniciouse un proceso de escoita activa no que participaron máis dun cento de veciñas das que 94 deixaron as súas propostas individuais. Entre as ideas, demandas e críticas surxiron numerosas cuestións compartidas pola maioría da cidadanía, máis tamén cuestións controvertidas, nas que se detectaron visións diferentes sobre a xestión do espazo fluvial.

As ideas máis comúns polas participantes referíronse á necesidade de manter en bo estado a zona do paseo fluvial, ao coidado dos muíños, á mellora dos noiros para previr os efectos das inundacións, ao coidado da zona próxima á depuradora, ao uso de substancias químicas en terras próximas á ribeira e ao acondicionamento de zonas para o baño, entre outras.

Outras cuestións tiveron pareceres diversos, como son a ampliación ou reducción do arborado de ribeira, a intensidade das rozas nas zonas do paseo de ribeira ou o mantemento ou eliminación das especies arbóreas invasoras. Tamén se ofreceron propostas concretas e elaboradas, como a conveniencia de realizar repoboacións de troitas ou a ampliación do ámbito do proxecto de renaturalización máis alá do treito urbano.

Seguintes pasos dun modelo de participación innovador

O seguinte paso do proceso será a organización e análise polo miúdo das propostas para a súa discusión de xeito máis pormenorizado nas seguintes sesións do Consello Fluvial que se convocarán ao longo dos próximos meses. Estas sesións estarán abertas á participación de toda a veciñanza e axentes sociais, e ademais de sesións plenarias, realizaranse sesións sectoriais (dirixidas a determinados grupos de interese), sesións asíncronas (convocadas durante un determinado período de tempo no que se producen múltiples encontros descentralizados para discutir un asunto coa poboación en xeral ou con determinados grupos de interese), sesións telemáticas (nas que se recadará o parecer da poboación en xeral ou de determinados grupos mediante medios electrónicos complementados con alternativas en papel) e sesións abertas, como a prevista para  o próximo sábado.

Deste xeito quíxose fuxir da estrutura tradicional dos órganos consultivos das administracións, nos que se designan unha serie de integrantes permanentes e se establece un esquema de funcionamento burocrático. Para iso, partiuse das propostas achegadas durante as dúas sesións de gobernanza organizadas en 2023, nas que moitas participantes apuntaron as dificultades de participar con esquemas ríxidos. Estas sesións deron lugar á Declaración de Dereitos do río Tins, na que por primeira vez se lle recoñecen os dereitos a un río no noso país, e na que se asumía o compromiso de garantir a participación da veciñanza na gobernanza e nas decisións que se adopten sobre o río Tins e as súas ribeiras.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Outros artigos

Lecer na Ribeira presenta as propostas culturais para o verán

Este luns 23 de xuño presentouse en Santa Uxía a programación cultural do verán, baixo a denominación Lecer na Ribeira, que engloba todas as accións da época estival, dende esta derradeira fin de semana do mes de xuño ata a primeira quincena setembro. Na presentación...

+

Martes 24, xornada de inestabilidade atmosférica e baixa térmica

Este martes agárdase a formación de nubes de evolución que darán lugar a chuvascos localmente treboentos, especialmente nas zonas do interior da Comunidade podendo proucirse chuvascos na comarca o mediodía. Nalgúns puntos, estes episodios de treboada poderían vir...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.