“Xustiza”. Xulio Xiz

03 Xullo 2024

Cando hai anos estivemos en La Haya, leváronnos ver os edificios públicos máis relevantes da cidade, entre os que estaba a sede da Corte Penal Internacional, esa que ten extendida orde de detención contra Vladimir Putin e agora tamén contra dous militares baixo o seu mando, por crimes de guerra e lesa humanidade perpetrados na invasión de Ukraina.

Ninguén dubida que nunha guerra, en calquera guerra, se cometen horribles excesos comezando pola guerra mesma, extremándose os horrores cando os sofren civiles indefensos, sexan mulleres, nenos ou homes, inocentes alleos a calquera conflicto. E o de Ukraina é especialmente sangrante.

Decisións coma a do altísimo tribunal veñen ter o mesmo resultado que “El coro de los grillos que cantan a la luna” que citaba don Antonio Machado, porque ningún dos líderes incriminados no presente ou no futuro cometerá o erro de saír fora das fronteiras do seu país, para non incurrir na situación de Pinochet que permitiu que Baltasar Garzón o detivese en Londres. a onde acudira para un tratamento médico.

Se Putín segue atrincheirado en Rusia, a orde de detención é papel mollado, para o autócrata con dereito de veto na Onu, inimigo certo de Occidente, ao que todos os europeos miramos de reollo por se lle da por xogar coas chaves (estilo rapaz de outrora estreando coche) do inmenso aparato nuclear do seu pais.

A xustiza ten algo de misterioso, distante, ritual, arcano… se non, que llo pregunten a quen poida explicar as interpretacións contrapostas de textos fundamentais, porque o do Tribunal Constitucional non parece ter nin antes nin agora explicación lóxica.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.