“Vivir en Galicia, factor de vulnerabilidade persoal e familiar”. Antón Luaces

02 Xullo 2024

Ter un emprego, non estar na pobreza, contar cunha rede de apoio social e familiar, son cuestións que reducen a vulnerabilidade diante da violencia e outras circunstancias como a carencia de traballo, o baixo salario que impide pagar alugueiros ou adquirir vivenda propia e poder xantar axeitadamente cada día. Quen isto padece -e cada vez máis os galegos comprobamos como se incrementa o número deles- está a ser vítima  dunha fraxilidade non experimentada dende a posguerra española.

Porque os galegos non  pasabamos fame; sí necesidade de artigos ou atencións hoxe en día supostamente cubertas e previstas nunha Constitución que non sempre se cumpre. Cada día que pasa os galegos somos máis vulnerables, o que evidencia unha fraxilidade ata o de agora doadamente non experimentada. Tal fraxilidade contribúe a crear un clima de vulnerabilidade que repercute nas persoas, nos fogares e nos grupos por mor da carencia de traballo estable e de calidade. Un xove que se incorpora ao traballo, malia a suba do salario mínimo interprofesional, segue a depender en boa medida das axudas familares en caso de “independencia”: non gaña para alimentarse, vestirse e pagar un alugueiro. Motivo polo que se comparten pisos e apartamentos. Cando non cuartos, cociña e baño. Retornamos á reconversión de vivendas en pensións/fondas non declaradas regulamentariamente?.

Situación: Fraxilidade versus vulnerabilidade en concetos como o ambiental e ecolóxico, físico, económico, social, educativo, cultural e ideolóxico, político e institucional, etc.  que se relacionan coa pobreza do mesmo xeito que o fan coa inseguridade e mesmo a  indefensión, ou a perda de benestar por causa da variabilidade de ingresos.

Mal que ben, os galegos sempre tivemos unha horta, unha leira, unha casa cunha corte para criar un porco que poder vender na feira, un galiñeiro que proporcionaba carne e óvos que vender no mercado ou comer en familia. Hoxe non é posible: vendéronse as casas e as leiras, débense hipotecas e empréstitos, mercáronse coches, creámonos novas dependencias que non damos pagas, e son cada vez máis as familias que “viven do conto”. Os salarios son baixos pero compre aparentar: non renunciamos á apariencia.

Moitas veces os ingresos mensuais son ata máis de tres veces inferiores ao Iprem (Indicador Público de Renda) e a situación social de persoas, grupos ou familias ven deterioradas as súas condicións de vida social persoal, con dificultade evidente para acceder a unha vivenda, aos servizos de saúde, a un emprego ou á participación social. Cada vez máis se produce esa  vulnerabilidade que leva a un risco alto da perda de bens, propiedades ou sistema de sustento propio ou da familia, sendo os nenos,  as mulleres e os anciáns os colectivos máis vulnerábeis.  Con estes, os migrantes, que por non estaren no seu país de orixe, teñen dificultades co idioma, a incorporación ao ámbito laboral, etc.

Unha vulnerabilidade social que se manifesta en ingresos, saúde, educación, vivenda, factores da poboación e dependencia da agricultura. 

A vulnerabilidade ten unha íntima relación coa pobreza, a inseguridade e a indefensión. De todas estas temos amplas experiencias os galegos, que sabemos de ambientes persoal e familiar debilitados, riscos de perder os bens, propiedades ou o noso sistema de sustente e o da familia.

En definitiva, a vulnerabilidade nace nos impactos provocados polo patrón de desenvolvemento vixente, mais tamén da incapacidade dos grupos máis febles da sociedade para os afrontar, neutralizalos ou acadar beneficios deles. E non sempre isto està nas nosas mans.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.